portal cidadán ¿Que é?

Administración Electrónica

Presentación

Desde o Concello de Zas entendemos que debemos de ir dando os pasos para que os nosos veciños e veciñas conten coas mesmas ferramentas dixitais que as de calquera outro concello do mundo, por iso nesta primeira fase achegamos certas instancias en liña que poden ser cubertas polo usuario e ser enviadas ao concello sen necesidade de desprazarse.

Dentro desta estratexia de achegar a Administración aos cidadáns tamén temos previsto dentro deste Portal Cidadán darlle voz a todas as asocicacións do municipio, cun sistema que lles permita ofrecer os datos da súa actividade e ter unha interlocución directa co Concello.

A alfabetización dixital é un dos piares deste proxecto, e non deixaremos de insistir en actividades que sirvan para que calquera veciño e veciña de Zas poida usar con comodidade as Novas Tecnoloxías e que esto sirva para mellorar o noso nivel de vida.


© by Abertal