portal cidadán ¿Que é?

Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos

Novas

(30-08-2009)

GENTES DE FORNELOS

Los participantes en el curso de fruticultura

Otra gran iniciativa fue el curso de fruticultura ecológica que celebró la asociación A Fonte de Fornelos, de Fornelos, que preside Estrella Balsa Pose.

De la organización se encargó Marisa Roel y fue impartido por Francisco Otero, de la Consellería de Medio Rural. Los 30 participantes se lo pasaron en grande y aprendieron, incluso, a realizar injertos.

El buen ambiente y lo mucho que aprecian a su profesor pudo comprobarse durante la clausura de las clases, a la que también asistió el alcalde de Zas, Manuel Muíño. La entidad demostró, una vez más, que las propuestas originales, tienen mucho éxito y que las cosas cuando se hacen con esfuerzo y cariño siempre salen bien.


(05-08-2009)

`Organizando ben as cousas hai un tempo para todo, tanto para facer a festa como para gozala´

Entrevista a Estrella Balsas Pose (presidenta da Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos (Baio)

O pasado domingo, a localidade de Fornelos tivo o mellor premio ao seu arduo traballo por recuperar e acondicionar o entorno do río, entre outras cousas, onde se celebra a Festa da Fonte. E é que o festexo saíu "mellor ca nunca". Arredor dunhas 500 persoas pasaron pola localidade. Todo grazas á organización da Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos, que preside Estrella Balsas dende a súa fundación, fai xa catro anos. Escollérona presidenta porque dela xurdiu a idea desa entidade, da que hoxe está encantada.

-Máis e mellor, poderíase dicir.
-Pois si, cada ano parece que temos máis xente, máis éxito. Quedamos todos satisfeitos e, aínda que rematamos rendidos, máis contentos aínda.

-Tanto como a xente quedaría con esas chulas que se regalaban.
-Saíron riquísimas, a verdade. Nesta festa dánselle a todo aquel que pasa por aquí e, hoxe en día, xa non poden faltar. Facémolas entre varias persoas e sempre son un éxito.

-No seu caso, e polo tipo de festa, ¿pode chegar a participar de cheo nela?
-Organizando ben as cousas hai un tempo para todo, tanto para facer a festa como para gozala. A min, por exemplo, dáme tempo porque xa son moi activa. Todo saíu perfecto e ao mellor non podes estar moi tranquilamente sentada na mesa, pero, coma quen di, bailei todo o día.



[ 1 ] ... [ 6 ] [ 7 ] 8 [ 9 ] [ 10 ] ... [ 21 ]
© by Abertal