portal cidadán ¿Que é?

Zas Dixital

¿Que é?

Un proxecto para o presente e o futuro

O alcalde e toda a corporación propuxo este proxecto co obxectivo de chegar a un índice de uso das Novas Tecnoloxías que converxa coa media europea. Para o que tentaremos tamén achegar a e-administración aos nosos veciños e veciñas.

Pretendemos en definitiva chegar a prestar servizos ao 100% dos nosos veciños e veciñas e conseguir que o noso pequeno concello conte con todos os servizos demandados polos seus cidadáns.

Para eso plantexamos dúas iniciativas principais, un portal cidadán e unha rede wimax.


Portal cidadán

Este portal permitiranos acceder a toda a información do Plan Xeral, a documentos para a e-administración, poderanse facer suxestións en liña, acceder a información sobre cursos de formación, e sobre todo a creación dun espazo para o tecido asociativo do noso concello.


Rede Wimax

Dentro do mesmo proxecto o concello instalará a rede wimax de zas, a primeira da Costa da Morte, e que permitirá que o concello conte en propiedade coas instalación precisas para garantir que os veciños do medio rural teñan as mesmas posibilidades tecnolóxicas que os do medio urbano.

Tamén se puxo en funcionamento unha aula de informática con acceso a banda ampla no Centro Sociocultural e outra rede acceso á rede no rural, que servirán para que diversos centros sociais tamén conten con acceso gratuíto á rede.


© by Abertal