Escola creada no ano 1986 no seo da Asociación Cultural Castro Meda. Na actualidade son máis de 100 mozos/as os/as que a forman, sendo Churía o grupo máis veterano.
Os bailes, as músicas e as roupas intentan respectar fielmente os da "antigua", zona de influencia do concello de Zas, ao igual que a entonación e a fala da zona. E o seu traballo é precisamente este: recoller e representar os xeitos de vivir e divertirse dos nosos avós para recordarnos a todos a nosa cultura e tradición.
Todo isto froito dun longo traballo de campo de moitos anos, que se reflicten en varios premios, entre outros, varios primeiros premios no Concurso de baile da A.X. Xacarandaina. Tamén fan actuacións ao longo da xeografia galega e xiras por España, Portugal e Arxentina.