Coma estes últimos anos dará comezo esta fin de semana a Semana Cultural no Concello de Zas. A cal se inaugurará este domingo coa actuación do grupo Churía da Asociación Cultural Castro Meda de Zas (unha das asociacións colaboradoras na organización de dita semana). A actuación está prevista para as 6 da tarde e terá lugar na carpa situada diante da Casa da Cultura de Zas. Esperamos vervos a todos por alí disfrutando da actuación e animámosvos a participar en todos es demáis eventos que seguirán tendo lugar o longo de toda a semana.
O vindeiro sábado día 10 de Xullo terá lugar un festival folclórico en Cambre no que xunto con outros grupos e asociacións tamén participará o grupo de baile tradicional Churía de Zas.
Esperamos que vos acheguedes a desfrutar das diversas actuacións e na festa en xeral.