portal cidadán ¿Que é?

Asociación Baile Tradicional Churía

Novas

(15-05-2010)

GRAN FOLIADA EN ZAS

O grupo de baile tradicional CHURÍA organizamos para o vindeiro día 15 de maio unha foliada con motivo das Letras Galegas. Terá lugar na Casa da Cultura a partir das 7 da tarde. Gustaríanos e tentaremos que participe todo o mundo, grandes e pequenos, intentando recordar esas foliadas tradicionais nas que o importante só era pasalo ben todos xuntos!!!

Así que esperamos que acuda moita xente e que veñan sobre todo con ganas de bailar, tocar, cantar e pasalo ben recordando os vellos tempos!!! Estades todos invitados!!!!


(12-12-2009)

HORARIOS DE CLASES

Aquí presentamos os horarios das distintas clases que impartimos.

BAILE:
10:00-11:00 (nenos/as de 5-8 anos)
11:00-12:00 (nenos/as a partir de 9 anos)
12:00-13:30 (Grupo CHURÍA)

GAITA:

10:00-11:00 (nenos/as que están empezando ou levan pouco tempo)
11:00-12:00 (mozos/as que xa levan varios anos, mais o grupo de gaiteiros)

PANDEIRETA:
10:00-11:00 (nenas que xa levan varios anos)
11:00-12:00 (nenas que están empezando ou levan pouco tempo, mais as pandereteiras grandes)



[ 1 ] [ 2 ] 3 [ 4 ] [ 5 ]
© by Abertal