portal cidadán ¿Que é?

Agrupación Musical e Coral Xan Mella

Novas

(12-10-2009)

Actuacións da Coral Xan Mella

A Coral Xan Mella afronta este trimestre final de 2009 coa axenda repleta de actuacións. O sábado 31 de outubro viaxaremos á vila pontevedresa de Campañó para participar no IV Certame en Clave Coral que organizan a FECOGA e a Xunta de Galicia.

Os 7 e 8 de novembro realizaremos a nosa primeira actuación fóra das fronteiras españolas. Será na veciña Portugal, en Paços de Ferreira, onde participaremos no XXV Aniversario do Orfeao de Paços de Ferreira.

Á semana seguinte, 14 de novembro, dentro dos Circuítos culturais da Deputación de A Coruña, cantaremos en Vilaboa (Culleredo) convidados polo Coro de Mulleres da localidade coruñesa. Logo, o 21 de novembro cantaremos na veciña vila de Corcubión no I Encontro de corais da Costa da Morte. Remataremos novembro en Carballo: o sábado 28 participaremos no Festival de Santa Cecilia que organiza a Coral polifónica de Bergantiños.

Xa en decembro, o domingo 13 as nosas cantigas viaxarán ao Concello de Teo e o sábado 19 de decembro celebraremos en Baio o VI Memorial Pepe Valiña no que colabora o noso Concello de Zas e a Deputación de A Coruña.




© by Abertal